Estrea da casa de lola de andrés en Sardiñeiro

By olaiasendon

estreawebb1.jpg

Onte, na forxa de Gerardo reunimonos a friolera de 183 persoas para disfrutar coa premiere da casa de lola de andrés. Como estaba previsto no acto interviu Silvia Penide cantando en directo a canción coa que se conclue o documental. A actuación (acompañada dunha coidada escenografía e iluminación) impresioou os alí presentes.Onte o pobo de Sardiñeiro víase transformado, non só polo feito de que a maioría dos veciños que o compoñen volvían a ver como a súa forxa voltaba a ser cine, senón tamén porque a fachada da fragua e algún edificio próximo iluminaronse coa proxeccion de xigantescos fotogramas da película.Tampouco faltou a alfombra vermella na entrada pola que desfilaron como estrelas os veciños do pobo.Para nós resultou unha experiencia inesquecible como creo que o será para moita da xente de Sardiñeiro que compartiron con nós a noite de onte.

Escribe un comentario