video da estrea na fragua de Gerardo

enero 30, 2007

Estrea da casa de lola de andrés en Sardiñeiro

enero 29, 2007

estreawebb1.jpg

Onte, na forxa de Gerardo reunimonos a friolera de 183 persoas para disfrutar coa premiere da casa de lola de andrés. Como estaba previsto no acto interviu Silvia Penide cantando en directo a canción coa que se conclue o documental. A actuación (acompañada dunha coidada escenografía e iluminación) impresioou os alí presentes.Onte o pobo de Sardiñeiro víase transformado, non só polo feito de que a maioría dos veciños que o compoñen volvían a ver como a súa forxa voltaba a ser cine, senón tamén porque a fachada da fragua e algún edificio próximo iluminaronse coa proxeccion de xigantescos fotogramas da película.Tampouco faltou a alfombra vermella na entrada pola que desfilaron como estrelas os veciños do pobo.Para nós resultou unha experiencia inesquecible como creo que o será para moita da xente de Sardiñeiro que compartiron con nós a noite de onte.

Estrea sábado 27 as 20:00 na Forxa de Sardiñeiro

enero 23, 2007

forxa-cine-baixa.jpg

Xa quedan poucos días para a estrea e todo está listo agardando por vos.

Esperámosvos.

Estrea do documental a casa de lola de andrés o sábado 27 as 20:00

enero 23, 2007

forxawebb.jpg

Alá polos anos 40 o fotógrafo muxián Ramón Caamaño chegaba polas vilas e polas aldeas da Costa da Morte, proxectando cine nos locais que lle deixaban para facelo. Un deses espazos era a antiga fragua de Sardiñeiro. Entrar, hoxe en día, na fragua de Sardiñeiro supón unha experiencia embriagadora. O pasado é totalmente presente entre labras  e ferranchos parecendo como se de súpeto o tempo se detivese e volvésemos compartir esa memoria antiga.  Hai 50 anos que non hai cine en Sardiñeiro, e xa é tempo de que, aínda que sexa por un día, o lugar volva ao cine entre labras e ferranchos.

a casa de lola de andrés

mayo 13, 2006

invertido1.jpg

a primeira producción deste proxecto chámase a casa de lola de andrés e é un documental que intenta achegarnos á problemática que o boom inmobiliario e o urbanismo salvaxe está a a xerar.


Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.